Tuesday 07 de May de 2024

Trenor participou na entrega de premios da II Peregrinación Escolar do Camiño Inglés incluido no Programa “O Teu Xacobeo”


O proxecto “Escape Room – Atrévete a percorrer o Camiño Inglés” consistiu nun divertido videoxogo baseado no Camiño Inglés desde Ferrol, no que cada peregrino tivo que superar probas conseguindo os contrasinais

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na entrega de premios da II Peregrinación Escolar do Camiño Inglés e Xacobeo 2021 organizado pola Federación de Ampas de Ferrol e comarca “Concepción Arenal”, incluído dentro dos proxecto apoiados polo programa “O Teu Xacobeo” que consistiu nunha achega de 20.000 euros.

O proxecto “Escape Room – Atrévete a percorrer o Camiño Inglés” consistiu nun divertido videoxogo baseado no Camiño Inglés desde Ferrol, no que cada peregrino virtual tivo que superar probas e conseguir os contrasinais para seguir avanzando. O participantes tiveron unha importante misión que cumprir con Frechi, a mascota do xogo.

Con esta actividade os participantes aprenderon dun xeito divertido, xa que recolle información relativa ao Camiño Inglés, historia do Camilo, a credencial, a Compostela, o Ano Santo e o Xacobeo. Con tres niveis, inicial, medio e avanzado cada escolar elixiu o nivel para realizar o seu camiño virtual entre decembro de 2020 e abril de 2021.

Neste xogo participaron máis de 20.000 escolares, entre 6 e 16 anos, dos centros educativos das comarcas de Ferrolterra, Eume, Ortegal e As Mariñas. Os participantes que remataron o xogo recibiron a súa frechicompostela, o diploma que lles acreditou ter cumprida a súa misión e posteriormente participaron nun sorteo de regalos que se entregaron no acto que tivo lugar hoxe no colexio plurilingüe Jesús Maestro.

Listado de premiados:

Gañadora nivel avanzando: Inés González-Llanos Segura
Centro da gañadora nivel avanzado: CPR Jesús Maestro
Gañador nivel medio: Saúl Vázquez Nieto
Centro do gañador nivel medio: CEIP San Isidro
Gañador nivel inicial: Carolina Pereira Pena
Centro da gañadora nivel inicial: Ceip Os Casais de Fene